Pesquisar este blog

28 de out. de 2016

SAMAÍN 2016

O verán xa rematou e comezou o outono, época das vendimias, das castañas e, como non, de Samaín. Como sabedes esta festa celébrase na noite do 31 de Outubro, data na que comezaba o aninovo celta. Hoxe na escola queimamos os nosos medos coa axuda dun mago bo. A continuación entregamos os premios aos gañadores do concurso de cabazas. As nosas felicitacións a todos/as os/as nenos/as que participaron e as súas familias polo esforzo realizado.

17 de mai. de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

A Real Academia Galega adícalle este ano, polo seu compromiso co idioma galego, o Día das Letras de 2016 a Manuel María. Manuel María Fernández Teixeiro , naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929. Destacou polo seu carácter reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego. O seu primeiro libro de poemas “Muiñeiro de brétemas” editouno con só 21 anos. É autor dunha morea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.

12 de mai. de 2016

CORRELINGUA 2016

Este ano participaron no Correlingua o alumnado de 5ºA e 5ºB, reivindicando o uso do noso idioma. Quedaron de segundos na clasificación pola animación durante o desfile que discorreu entre Riazor e a Torre de Hércules, baixo o lema " O galego está en nós". Parabéns!

2 de mai. de 2016

INTERCAMBIO CO CEIP SAN MIGUEL DE REINANTE BARREIROS

Durante este curso o Equipo de Normalización Lingüística e a titora de 6º, Andrea, programamos un intercambio entre o alumando de 6º de Ed. Primaria do CEIP Vicente Otero Valcárcel co alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros de Lugo. O pasado martes tivo lugar, en Carral, o primeiro encontro coa visita do alumnado e profesorado de dito centro. Para comezar participamos na elaboración de pan nunha panadería da zona.
Despois fixemos a Ruta de Costa da Egoa ata os Muiños e o Pazo das Cadeas.

28 de abr. de 2016

"ESPANTALLO AMIGO"

Hai unhas semanas a Concellería de Cultura do Concello de Carral repartiu entre o alumnado de Educación Primaria 200 exemplares do libro “Espantallo amigo” de Xosé Neira Vilas. Hoxe, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria asistiron a representación teatral inspirada nesta obra a cargo da compañía Os Quinquilláns.

20 de abr. de 2016

Día do libro. Contacontos na Biblioteca Municipal de Carral

O próximo sábado, 23 de abril, é o Día do Libro. Co gallo desta celebración, os nen@s de Ed. Infantil, achegámonos a Biblioteca Municipal de Carral, onde nos atopamos coa gran Lili Gruyére. Pasámolo moi ben escoitando os contos “Aínda nada?” e “ Como cada mañana”. Tamén cantamos e bailamos ao son de “Té chocolate café”.

13 de abr. de 2016

CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL: FELIZ FEROZ

Hoxe, os nenos e nenas de Educación Infantil disfrutaron dunha sesión de contacontos grazas a Editorial Xerais.
Pasárono xenial escoitando a historia: FELIZ FEROZ: o lobiño riquiño

25 de fev. de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Onte,día 24 de febreiro, conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA, unha das meirandes escritoras en lingua galega.

31 de jan. de 2016

Xa está chegando o entroido e no cole imos celebralo dende mañá cos mandatos do Meco que son os seguintes: O luns, para comezar, algo na cabeza tes que levar. O martes no teu pescozo colgarás un pano, unha gravata ou un colar. O mércores na túa roupa prenderás catro pinzas de cores sen igual. O xoves si que vai molar, nos teus pés algo diferente traerás. O venres, para rematar, poñerás o teu disfraz. LEMBRADE QUE É ACUMULATIVO!!

7 de jan. de 2016

TARXETAS DE NADAL

Despois duns días de vacacións hoxe tocou volver ás aulas. A última semana antes de marcharnos tivo lugar no cole o concurso de tarxetas de Nadal, no que participaron moitos alumnos e alumnas. Eran todas moi bonitas pero tivemos que escoller unha que foi coa que se felicitaron as Festas a toda a comunidade educativa. A autora da tarxeta elixida é Nerea Fernández Fachal da clase de 2ºB. Parabéns !!

3 de nov. de 2015

SAMAÍN 2015

O xoves pasado celebramos o samaín. Cada grupo preparou un conto, canción, poesía relacionados coa temática para representar aos compañeiros. Tamén tivemos un concurso de cabazas. Entregámoslle un diploma a cada participante e un agasallo ao gañador de cada nivel. Grazas as familias pola vosa colaboración.

19 de out. de 2014

SAMAÍN 2014 NO CPI VICENTE OTERO

Este ano celebramos o Samaín por todo o alto. Se premes AQUÍ terás acceso ao noso cartel de actividades. Podes completar a información, clicando sobre o PROGRAMA. Ademais, lembra que tes moitos recursos para traballar o Samaín na túa clase no seguinte enlace da Aula Virtual do noso centro.

12 de mar. de 2014

ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS DE CALENDARIO E DA CANDELORIA

A gañadora do concurso de calendarios da ESO, Sheila Gómez recibiu a súa camiseta de "GALEGO" e Antía Mayo foi a gañadora do muro virtual da Candeloria recibindo como agasallo un "lote romántico".